sábado, 7 de marzo de 2009

Os 350.000 euros do POS investiranse na mellora de beirarrúas e camiños

O Concello de Fene recibía esta semana notificación da Deputación da Coruña da aprobación do Plan de Obras e Servizos (POS) de 2008 e do Plan de Cooperaación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal e Rede Viaria Local (POS-RVL). Entre ámbolos paquetes de axudas o concello fenés percibirá un total de 350.000 euros que serán investidos este ano na mellora de camiños e beirarrúas municipais.

Neste senso, o concelleiro de Obras, José Antonio López (PSOE), explicou que “a cantidade máis elevada destinarase á pavimentación do camiño da Carqueixa, do camiño do Punxeiro e o de Lubián”, xa que ambas melloras suporán unha inversión, según López, de 255.000 euros.

Asemade, na parroquia de Perlío darase continuidade ás melloras de seguridade vial na avenida de Marqués de Figueroa, obra valorada en algo máis de 51.000 euros, segundo a información facilitada polo Concello.

Polo que respecta ás axudas complementarias da Deputación da Coruña, no caso de Fene estarán destinadas a mellorar as beirarrúas entre a Avenida do Mar e a Avenida da Cooperación.

Pola súa banda, o rexedor municipal, Iván Puentes, salientaba que “a aprobación destes proxectos viran a enriquecer o investimento que con cargo ao Plan Estatal van realizarse no concello este ano”.

O socialista Iván Puentes tamén engadíu que “sumar 350.000 euros máis á mellora de camiños ao investimento de 500.000 euros que para esta mesma misión se van realizar grazas ao Goberno Central implicará un amaño na rede integral de camiños do concello de Fene”.

Fuente: Diario de Ferrol

4 comentarios:

  1. Bueno vai sendo hora que despois de dous anos de goberno deste alcalde,aver si e verdade que vexamos algo feito.

    ResponderEliminar
  2. De momento o unico que vimos neste dous anos foi que se plantan moitas flores nas Pias......e pensan que con iso o mais xa esta amañado.

    ResponderEliminar
  3. É que o desta corporación o seu é a plantación de flores polas Pías e querer implantar debaixo da ponte da autopista en Sillobre un parque de flores. ¿é para o que valen?¿Para outra cousa nada?

    ResponderEliminar
  4. ¿Para cando o arreglo do camiño do Outeiro en Maniños? necesitamos a traida de agua con urgencia, Estrada da palma 203

    ResponderEliminar