miércoles, 11 de febrero de 2009

Bases do concurso do Entroido 2009 de Fene

Os interesados e interesadas en participar poden inscribirse no Concello.

O Concello de Fene ó obxeto de incentivar a participación cidadán nos actos programados con motivo do Entroido 2009, establece as normas reguladoras e as axudas económicas que se outorgarán ás comparsas que interveñan nos actos citados dacordo coas seguintes:
PRIMEIRA.- Poderán participar nos actos programados polo concello con motivo das festas do entroido e ser beneficiarios destas axudas calqueira asociación ou entidade legalemente constituida así como os “grupos ocasionais” que cumpran as condicións establecidas nestas bases. Neste último caso, deberán nomear un representante debidamente autorizado para actuar en nome do grupo.
SEGUNDA.-. Para poder optar as axudas reguladas nestas Bases é condición indispensable formalizar a inscrición da comparsa e presentar toda a documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 horas; con anterioridade ás 12.00 h do martes 17 de febreiro de 2009 (conforme modelo anexo I). O Concello resérvase o dereito de non admitir a inscrición daquelas comparsas que en anos anteriores non acreditaron os mínimos de calidade e orixinalidade do seu vestiario.
No momento de formalizar a inscripción farase constar:
- Nome da comparsa
- Categoría na que se inscribe
- Número de membros que a compoñen
- Nome, DNI, enderezo, teléfono dos seus representantes legais e dos compoñentes da comparsa.
- Certificado de titularidade da conta do representante da comparsa.
- Doutra banda, tamén terán que entregar unha copia das letras das cancións que van distribuir polas rúas; que poderán ser enviadas por correo electrónico á seguinte dirección: cultura.deportes@fene,dicoruna.es ou entregadas en man nas dependencias administrativas.
O día de celebración do desfile o xurado concederá as axudas levantando acta dos resultado.
TERCEIRA.-. Entenderase por:
• Comparsa de Adultos: Agrupación de máscaras cun número superior ás 15 persoas, maiores de 16 anos.
• Comparsa Escolar Mixta: Agrupación de máscaras cun número superior ás 20 persoas, e que polo menos 10 persoas sexan adultas.
• Comparsa Infantil: Agrupación de máscaras cun número superior ás 8 persoas menores de 16 anos.
♠ Entenderase por ADULTOS, as persoas MAIORES DE 16 ANOS.
CUARTA.- As comparsas deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación. Non se considerarán como comparsas con dereito a inscrición e participación aquelas que en anos anteriores repetiran, no sustancial, o seu disfraz.
QUINTA.-. As comparsas que opten as axudas terán que reunir os requisitos sinalados na Base 2º, ademáis de repartir as letras das cancións entre o público en xeral. As letras das cancións a distribuír, así coma as da canción que se interprete no palco, no caso en que así corresponda (unha soa canción) terán que ser obrigatoriamente en galego, e o incumprimento deste requisito conlevará automáticamente a non poder optar aos axudas recollidos nestas Bases.
SEXTA.- Destínanse um crédito máximo de 4.400,00 € que se imputará á partida 451/489.00 , do orzamento do 2009, prorrogado do 2008 para as axudas ás comparsas que participen nos actos programados con motivo do Entroido.
Estes 4.400 € hanse repartir según estes criterios:
• 800 € a partes iguais entre as Comparsas de Adultos e as Comparsas Escolares Mixtas de Fene. Entenderase por comparsa escolar mixta de Fene e comparsa de adultos de Fene aquelas cuxa metade dos seus membros sexan residentes no Concello de Fene.
• 600 € a partes iguais entre as Comparsas Infantís.
• Os 3.000 € restantes distribuiranse do seguinte xeito:
- 1.950 € (65% de 3.000 €) repartiranse a partes iguais entre tódalas comparsas de Adultos e Escolares Mixtas participantes.
- 1.050 € (35% de 3.000 €) repartiranse entre tódalas comparsas con máis de 15 membros adultos que suban ao escenario a actuar.
A cada comparsa nesta situación se lle asignará 1 punto por cada membro adulto a maiores (Ex.: comparsa con 16 membros adultos, 1 punto; con 17 membros, 2 puntos; 18=3 puntos…etc)
A suma de todos estes puntos X empregarase para dividir o 35% (1.050 €) entre o número total de puntos, obtendo o prezo por punto. Exemplo:
Comparsa A: 2 (adultos, a maiores dos 15 membros)
Comparsa B: 3
Comparsa C: 4
Total:X= 9 membros 1.050/9: 116,66 € (prezo por punto)
A: 2 X 116,66=233.32€
B: 3 X 116,66=349.98€
C: 4 X 116,66=466.64€
A estes efectos, a comparsa ha de fixar, no momento de formalizar a inscrición, o número de membros que van vir a Fene, contabilizándose como puntos, únicamente os membros que participen na actuación do palco.
O xurado poderá excluír das subvencións a aquelas comparsas que non acrediten as condicións mínimas esixidas, refexándoo na acta de resultado.
SETIMA.- O xurado estará formado por diversas personas cualificadas e (número impar de membros) estará presidido por D. Edgar Vigo López e actuará como Secretario D. José Manuel Aneiros Landrove.
O día de celebración do desfile o xurado concederá os axudas aos participantes levantando acta do resultado.
OCTAVA.- Para poder optar aos axudas no apartado anterior é imprescindible que as comparsas acompañen ao Entroido nos actos programados para o mércores día 25 de febreiro e que comezarán coa concentración ás 18 horas na Rúa Cádavo (fronte ao establecemento Aguilar)
As comparsas farán o seguinte percorrido: Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene, Avda. Naturais, Avda. do Concello e Praza do Concello.
Tódalas actuacións terán lugar na Praza do Concello de Fene.
A orde de participación no desfile e de actuación no palco hanse determinar mediante sorteo a celebrar no Salón de Plenos do Concello de Fene (planta baixa) o mércores día 18 de febrero de 2009, ás 19.30 h. A selección de comparsas a actuar no palco hace facer seguindo estes criterios:
- As Comparsas Infantís non actúan, pero pasan polo palco.
- O número máximo de participación será de 10 comparsas, tendo preferencia as que non actuaron no ano 2008.
- Actuarán as comparsas que levan un mínimo de tres anos participando no Entroido Fenés e non actuaron no ano anterior 2008, así como as de nova inscrición.
. Cada comparsa seleccionada para actuar interpretará no palco unha soa canción.

Fonte: Fene cidadán

1 comentario:

  1. Tenche leria isto.....logo queren saber que numero gastas de zapato.

    ResponderEliminar