viernes, 28 de noviembre de 2008

Vivenda presentará en San Valentín o estudo de acceso ás vivendas

http://www.diariodeferrol.com
Un momento del encuentro entre los políticos locales y Teresa

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, presentará aos veciños do barrio fenés de San Valentín a solución que propón o estudio técnico para o acondicionamento e mellora da accesibilidada no entorno das vivendas deste barrio. A proposta consiste na construción de rampas de acceso aos portais dos 53 bloques de vivendas cunha pendente igual ou menor do 10% paralelas á fachada dos inmobles. A proposta técnica inclúe habilitar dous ou tres chanzos de acceso polo outro lado da rampa.
Así llo confirmou a conselleira Teresa Táboas á primeira tenente de alcalde e concelleira de Benestar e Iguadade no concello de Fene, Rita Couto, nun encontro que tivo lugar onte en Santiago e ao que tamén asistiron o edil de Seguridade Cidadá, Manuelo Pico, e o concelleiro de Promoción Económica, Manuel Polo.
O obxectivo desta actuación, segundo informan dende a Xunta, é acondicionar o ámbito para que os veciños e veciñas poidan dispoñer dun espazo público de calidade e accesible, “que facilite a vida diaria ás persoas maiores ou con algunha minusvalía física que residan nesas vivendas”.
A Consellería acometerá esta actuación para dar resposta ás necesidades dos veciños e veciñas da parroquia de San Valentín, que lle foron trasladadas pola concelleira de Benestar e Igualdade, Rita Couto

No hay comentarios:

Publicar un comentario